Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xa son tres os detidos polos incidentes na visita de Sánchez, Mazón e os reis a Paiporta

Xa son tres os detidos polos incidentes na visita de Sánchez, Mazón e os reis a Paiporta

O primeiro dos arrestados quedou en liberdade e sen medidas cautelares

EFE EFE
G24.gal 06/11/2024 17:31

A Garda Civil detivo outras dúas persoas polos incidentes durante a visita a Paiporta do domingo aos damnificados pola DINA na que foron increpados os reis, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e o da Generalitat, Carlos Mazón.

 A Garda Civil arrestou este mércores dúas persoas, unha residente en Albal e outra en Godella. Os dous arrestados están pendentes de pasar a disposición xudicial.  O outro detido, prénderono o martes. Os tres están presuntamente relacionados con danos no vehículo do presidente do Goberno e noutro do seu escolta.

Este mércores pola mañá pasou a disposición xudicial o primeiro dos detidos, un veciño de Paiporta de 41 anos.  Quedou en liberdade sen medidas cautelares. Segundo confirmou o Tribunal Superior de Xustiza de Valencia, segue investigado polo Xulgado de Instrución número 3 de Torrent, que abriu un procedemento polos delitos de atentado, desordes públicas e danos tras recibir o primeiro atestado da Garda Civil. 

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, pediu este martes diferenciar ira "lexítima" dos damnificados pola DINA da presenza en Paiporta de "grupos ultras perfectamente organizados" que o pasado domingo trataban de "facer o maior dano posible ás autoridades alí presentes". O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, asegurou que Sánchez recibiu un golpe, e por iso foi evacuado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade