Publicador de contidos

Publicador de contidos

A división de vehículos comerciais de Stellantis pecha 2024 cunha cota de mercado do 36,4% en España

A división de vehículos comerciais de Stellantis pecha 2024 cunha cota de mercado do 36,4% en España

A metade das súas matriculacións son de vehículos fabricados en Vigo

G24.gal 18/02/2025 21:10

A división de vehículos comerciais de Stellantis, Stellantis ProOne, pechou 2024 cunha cota de mercado do 36,4 % en España, superando as 60.000 unidades, segundo informou o director de Stellantis ProOne Iberia, Diego Rey.

Esta cifra supón unha mellora tanto en cota como en volume dun 1,2 % respecto a 2023, representando Stellantis ProOne un de cada tres euros dos ingresos do grupo.

En cando ao mercado eléctrico, a cota de Stellantis ProOne sobe ata o 37,8 %, sendo os vehículos cero emisións máis do 5 % do seu total de vendas no país, por encima do 4 % da media de todas as marcas, segundo reivindicou.

Diego Rey subliñou que o 50 % das vendas de vehículos comerciais do grupo automobilístico corresponden a modelos do Segmento C fabricado en Vigo, coas furgonetas de Citroën, Peugeot, Fiat e Opel fabricadas na planta de Balaídos; sendo, ademais, o segmento que máis creceu en 2024.

Durante o evento, o director de Márketing de Stellantis ProOne, Pierre Pauvert, puxo o foco na importancia de ofrecer a cada cliente o produto que desexa. 

Para iso, Stellantis leva a cabo modificacións en fábrica e conta con máis de 40 carroceiros certificados en España para "responder as necesidades dos clientes" profesionais.

Pola súa banda, Stellantis ProOne indicou a importancia da conectividade para o grupo, con solucións para clientes e frotas co obxectivo de facilitar ás empresas o control dos seus automóbiles.

Para 2025, a compañía espera seguir crecendo tanto en volume como en cota en España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade