Publicador de contidos
Publicador de contidos

A dobre vara de medir dos árbitros indigna o celtismo

A dobre vara de medir dos árbitros indigna o celtismo

As expulsións de Moriba e Aspas contrastan coa permisividade diante de xogadores como Vinicius ou Endrick

G24.gal 07/10/2024 21:01

Perplexidade e malestar entre o celtismo pola actuación do colexiado Cordero Vega nas Palmas. Máis tras coñecerse a acta. O club xa anunciou que recorrerá as dúas expulsións que deixaron ao equipo con 9 xogadores en 2 minutos.

No caso de Moriba o árbitro reflicte o mesmo motivo nas dúas accións "derrubar a un contrario de maneira temeraria na disputa dun balón" O video pode axudar nas alegacións do Celta.

Conseguir a anulación do segundo cartón de Aspas pode ser máis complicado ao tratarse dunha protesta, malia ser o capitán, o interlocutor do equipo co árbitro. A acta non recolle insulto algún, só reitera en cada amarela que foi sancionado por “Protestar de forma ostensible unha decisión súa”.

Curiosamente o mesmo día, Vinicius foi tamén moi vehemente co árbitro no Bernabeu e non foi sancionado. Igual que tampouco lle amosaron un segundo cartón hai dez días ante o Alavés por estas protestas airadas diante do cuarto árbitro pola decisión de prolongar seis minutos o encontro. Nese mesmo encontro Endrick non foi expulsado por esta patada sen balón a Mouriño. Á espera do que dictamine o comité de competición sobre Aspas e Moriba, a próxima xornada o Celta recibe ao Real Madrid en Balaídos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar