Este xoves comeza o prazo para a elección dos membros das mesas electorais
Este xoves comeza o prazo para a elección dos membros das mesas electorais
A Xunta Electoral Central adianta dous días o sorteo
O listado definitivo coñecerase o 13 de xullo
A Xunta Electoral Central adianta o prazo para designar as persoas que van compoñer as mesas nas eleccións do 23 de xullo, que se elixirán por sorteo entre este xoves e o 28 deste mes.
A partir de aí haberá tres días para notificárllelo aos que saian elixidos.
Así que as cartas chegaranlles á casa como moi tarde o 1 de xullo.
Pero non é a data definitiva, porque a partir de aí ábrese o prazo de alegacións, que teñen que estar resoltas o 13 de xullo.
Esa é, polo tanto, a data definitiva en que saberemos se estamos ou non nunha mesa electoral. Nesta ocasión entre os motivos para ausentarse desa obriga cívica está ter contratada unha viaxe vacacional antes do 29 de maio, cando se convocaron as eleccións.