Publicador de contidos
Publicador de contidos

A España máis descarada desafía á Francia de Mbappé

A España máis descarada desafía á Francia de Mbappé

A selección española namora pola súa xuventude e bo fútbol, pero a sobriedade e experiencia gala pode ser fundamental

G24.gal 08/07/2024 20:08

Francia-España. Un dos dous estará na final da Eurocopa. Un exame moi duro para a descarada selección española. Encabezada por Nico Williams e Lamine Yamal, España está a realizar o mellor fútbol de todo o torneo, pero na semifinal verase diante dun dos equipos máis duros e físicos de todo o torneo.

O fútbol de Francia está a decepcionar. Aínda non foi capaz de marcar un gol en xogada e coa súa estrela Kylian Mbappé tocada despois do golpe que sufriu no nariz, as críticas son feroces para o adestrador Didier Deschamps. Pero os franceses contan coa sobriedade, a fortaleza e a veteranía de ter xogado moitos partidos destas características. Esta xeración xa ergueu unha Copa do Mundo e estivo a piques de repetir éxito hai un ano e medio en Qatar. 

O equipo tipo de De La Fuente terá tres novidades obrigadas. A de Carvajal e Le Normand por sanción e a de Pedri por lesión. Jesús Navas, Nacho e Dani Olmo parecen os xogadores con máis opcións de coller a remuda. O resto, os que veñen xogando desde o comezo da Eurocopa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos