A selección española quere facerse maior
A selección española quere facerse maior
Comandado por Nico Williams e Lamine Yamal, o equipo de De la Fuente aspira a lograr o cuarto título da Eurocopa
A selección está a facerse maior. Confírmano os aniversarios de Nico Williams, que o venres cumpriu 22 anos e o de Lamine Yamal, que onte chegou os dezasete. Os dous son como todos os cáncer, leales, intuitivos e golosos.
España afronta a final da Eurocopa ante Inglaterra nun ambiente de alegría e de bo humor tal e como lles pediu o seleccionador Luis de la Fuente. Para elo, o técnico avisa dos perigos dunha Inglaterra que non amosou todo o seu potencial.
Pero sobre todo, advirte dos problemas que se lle poden presentar o seu propio equipo. O título suporía a cuarta Eurocopa para España e a segunda para Jesús Navas no seu último partido co equipo nacional.