Publicador de contidos
Publicador de contidos

O fútbol español volve mandar en Europa

O fútbol español volve mandar en Europa

Impúxose na final a Inglaterra grazas a un gol de Oyarzabal no 86 (2-1)

Nico Williams, que tamén marcou, e Yamal devolven á selección ao cumio

Completan o campionato perfecto con sete vitorias en sete partidos

G24.gal 14/07/2024 19:04 Última actualización 14/07/2024 22:57

Minuto a minuto

No Olímpico de Berlín xa loce a copa que vai coroar o campión de Europa. España chega á quinta final e podería converterse con catro títulos no equipo máis laureado do torneo. Inglaterra intentará estrear o seu palmarés na segunda final á que chega. 

Equipo titular de España!!! O agardado con: Unai Simón, Carvajal, Le Normand, Laporte, Cucurella, Rodri, Olmo, Fabián, Nico Williams, Yamal e Morata

Tamén temos equipo de Inglaterra. Bellingham, Kane e Foden como referentes en ataque

En toda España a xente saiu á rúa para ver o partido. Un exemplo, en Castrelos ou Riazor

1

Comeza o partido!!!!

5

Centro de Nico Williams que saca Stones. Primeiro córner a prol de España

9

Inglaterra cédelle todo o dominio a España. O control é total dos de De La Fuente nestos primeiros minutos de partido pero sen profundidade

12

Encara Nico Williams desde a esquerda pero volve a atoparse con Stones no seu camiño

16

Chega Walker ata a liña de fondo e Laporte saca con problemas o centro. Primeira aparición inglesa na área de Unai Simón

24

Primeira aparición no partido de Yamal!! Entra na área pero o remate acaba en córner

33

Baixou moito o ritmo do partido. Está moito máis parello que ao principio do encontro

35

Probou sorte Dani Olmo desde a frontal e sacou o mesmísimo Harry Kane traballando en defensa

43

Morata recibe na área pero ten enriba dous defensas de Inglaterra e mandan o balón a córner. Hai achegamentos pero non disparos a portería

45

Falta a prol de Inglaterra que remata Foden e ten que intervir Unai Simón. O primeiro remate a porta dos ingleses

Tempo de lecer en Berlín. Dominou máis España pero a primeira parte foi moi cativeira en ocasións. A mellor, o remate de Foden no engadido. Todo por decidir no segundo tempo ... ou na prórroga

46

Está mancado Rodri!!! Ten que quedar no vestiario e entra Zubimendi no seu lugar

47

1-0 GOOOOOOOL de Nico Williams. Asócianse Lamine e Nico e o do Athlétic marca cun remate cruzado

49

Dani Olmo, só na área, remata moi cruzado. Unha gran ocasión para marcar o segundo

56

Remate moi duro de Williams desde a frontal que sae a rentes do pau. Está desatado o extremo!!!

61

Southgate quita a Harry Kane e mete ao heroe das semifinais, Watkins

64

Bellingham gaña un balón preto da área e lanza un tiro fortísimo que se vai desviado por pouco!! Presiona Inglaterra

66

Salva Pickford o gol de Yamal!!! Que paradón do porteiro inglés. Vaise Morata e entra Oyarzábal

70

Fabián remata alto. Bos minutos da selección española

73

1-1 GOL de Palmer que acababa de entrar no partido. Remate desde fóra da área que sorprende a Unai Simón

82

Outra vez Yamal!!!! Atopa un coiro na área pero Pickford rexeita o seu lanzamento

86

2-1 GOOOOOOOL DE OYARZÁBAL. Centra Cucurella e remata o dianteiro da Real Sociedade

90

Salvouse España do empate!!!! Triple ocasión de Inglaterra, unha delas salvada por Dani Olmo baixo paus

94

FINAAAAAL. Cuarto título de Eurocopa para a selección española que se impuxo por 2-1 a Inglaterra na final grazas a un tanto de Oyarzábal no minuto 86

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos