Publicador de contidos
Publicador de contidos

Duelo inédito polo cetro europeo

Duelo inédito polo cetro europeo

España e Inglaterra enfrontaranse por primeira vez nunha final en categoría masculina

O último partido que xogaron os dous equipos foi nos cuartos de final de 1996 e a vitoria foi inglesa por penaltis

G24.gal 11/07/2024 22:03

España medirase na final de Berlín cunha Inglaterra mellorada. Un duelo inédito do que sairá o campión da Eurocopa. Os futbolistas de Southgate, cunha posta en escena máis atractiva que a de citas anteriores, remontaron o gol de Simons primeiro cun tanto de Kane dende os once metros e logo cun segundo de Watkins co tempo practicamente esgotado. Inglaterra volve a unha final tras perder con Italia en Wembley en 2021.

España, con pleno de vitorias nesta Eurocopa, intenta rebaixar a euforia exterior antes do partido definitivo. Pero ninguén pode frear as expectativas creadas arredor deste grupo de futbolistas. O domingo á noite sairemos de dúbidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos