Publicador de contidos
Publicador de contidos

España aspira a converterse en raíña da Eurocopa

España aspira a converterse en raíña da Eurocopa

A selección española aspira a gañar o cuarto título continental e os ingleses loitarán por estrear o seu palmarés

G24.gal 13/07/2024 20:54

España buscará este domingo converterse no rei das eurocopas. Ten tres no seu palmarés, acadadas en 1964, 2008 e 2912 e quere engadir a Berlín como o cuarto lugar no que facer historia. Inglaterra volve a xogar unha final que xa perdeu en 2021. Aínda non estreou o seu palmarés, algo difícil de dixerir para os que se denominan como inventores do fútbol. 

Ata o de agora o camiño de España foi perfecto. Por primeira vez na historia unha selección chega á final despois de conseguir seis vitorias. Tivo que remontar dous partidos, en oitavos diante de Xeorxia e na semifinal contra Francia. Inglaterra sufriu moito máis. En oitavos marcou sobre o límite do tempo para levar o partido á prórroga contra Eslovaquia, en cuartos empregou a quenda de penaltis contra Suiza e nas semifinais tamén remontou diante dos Países Baixos. 

O peor dato para os de Luis de la Fuente é que nunca lle gañaron a Inglaterra nunha fase final da Eurocopa. O balance é de tres vitorias para a selección inglesa e un empate de infausto recordo para España porque quedou eliminada en 1996 despois de perder a quenda de penaltis. 

Tamén se pelexará por levar a Bota de Ouro do torneo. Dani Olmo e Kane levan tres goles, os mesmos que Musiala, Mikautdaze, Gakpo e Schranz. Si un dos dous marca levará o galardón individual. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos