España segue coa inercia gañadora
España segue coa inercia gañadora
Malia as ausencias na lista conseguiu impoñerse a Dinamarca a domicilio (1-2) e garantiu o primeiro posto na fase de grupos da Liga das Nacións
A selección española continúa gañando por costume. Sen xogadores determinantes como Yamal, Carvajal ou Unai Simón o equipo de Luís de la Fuente impúxose en Dinamarca (1-2) cunha asombrosa facilidade.
🦸 𝘾𝙖𝙥𝙞𝙩𝙖́𝙣 𝙂𝙊𝙇𝙮𝙖𝙧𝙯𝙖𝙗𝙖𝙡
— Teledeporte (@teledeporte) November 15, 2024
¡La gran presión español la finquita con un gran gesto el héroe de la Eurocopa 2024! #SeleccionRTVE
🔵 DIRECTO | @La1_tve y https://t.co/vZSpSX8rpM pic.twitter.com/nmfSAZ39Rk
Marcaron os goles Oyarzábal e Ayoze, un en cada tempo. O porteiro David Raya case non sufriu oportunidades dunha selección de Dinamarca que defraudou pois aínda tiña posibilidades de rematar no primeiro posto. Só nos últimos minutos buscou a remonta nun erro grave dos españois na saída de xogo aproveitado por Isaksen. O aspecto máis negativo foi a lesión do centrocampista da Real Sociedade Zubimendi.
🔥Esta España mola mucho.
— Teledeporte (@teledeporte) November 15, 2024
De Zubimendi a Olmo, de Olmo para Ayoze.
¡La @SEFutbol, cada vez más cerca de sellar la primera plaza de grupo! pic.twitter.com/iQgpMhwuPG
España arrasou nesta fase de grupos. Con 13 puntos -polos 7 de Dinamarca- garantiu a primeira posición e permítese o luxo de xogar un último partido sen ningunha presión.