Publicador de contidos
Publicador de contidos

Samu Omorodion, a gran sensación na lista de De la Fuente

Samu Omorodion, a gran sensación na lista de De la Fuente

A súa gran temporada no Porto fixeron que o adestrador confiase nel para os dous partidos da Liga das Nacións

G24.gal 13/11/2024 22:32

Samu é unha das grandes novidades da lista de Luis de la Fuente. O futbolista do Porto, un habitual nas convocatorias de Santi Denia, estréase coa absoluta aos 20 anos. Nada máis confirmarse a convocatoria, Samu chamou a súa nai. O futbolista lucirá na camisola o A inicial do apelido de súa nai. Soña con erguer con ela todos os trofeos que sexa posible.

España medirase con Dinamarca e Suíza nos próximos días. Cubarsí incorporarase ao grupo en substitución do mancado Pau Torres, segunda baixa para De la Fuente. O encontro ante Dinamarca disputarase este venres en Copenhague. Á falta de dous partidos, España xa está clasificada para a seguinte rolda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar