Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bryan Gil substituirá a Lamine Yamal na selección española

Bryan Gil substituirá a Lamine Yamal na selección española

O xogador ten un problema no nocello que o apartará dos adestramentos durante dúas semanas

G24.gal 11/11/2024 20:22

Bryan Gil, extremo do Xirona, foi citado polo seleccionador Luis de la Fuente para ocupar a praza que deixa por lesión Lamine Yamal para os dous últimos partidos da fase de grupos da Liga das Nacións que España disputa en Dinamarca e diante de Suíza en Tenerife.

A lesión de nocello que sofre Lamine Yamal, que lle impediu xogar co Barcelona na visita a Anoeta, acabouno apartando da selección española. Tamén perdera o derradeiro partido oficial ante Serbia. Yamal non viaxou a Madrid para ser revisado polos doutores da selección española despois da conversa entre os médicos do club e da selección. Nun principio, Yamal estará fóra dos terreos de xogo dúas semanas. 

As outras novidades na convocatoria son Samu Omorodion, Aitor Paredes e Marc Casadó ademais dos regresos de Dani Olmo, Nico Williams e Yeremy Pino. Clasificada para os cuartos de final da Liga das Nacións e a falta dun punto para certificar o primeiro posto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar