Praga de baixas nun Deportivo que coida a Mella e Lucas Pérez
Praga de baixas nun Deportivo que coida a Mella e Lucas Pérez
O equipo xoga o domingo en Almería sen Yeremay, Ximo, Jaime, Nfulu e José Ángel
O Deportivo viaxará a Almería para enfrontarse a un dos rivais de máis nivel da competición en cadro. Son baixas confirmadas as de Ximo Navarro, Jaime, Nfulu e José Ángel por lesión e a de Yeremay, convocado coa sub-21. Hai dous xogadores que están sendo agarimados polos servizos médicos do club: Mella e Lucas Pérez. Xunto co canario Yeremay son os dous xogadores máis determinantes en ataque e Óscar Gilsanz agarda contar con eles para un partido tan complicado.
"Sempre que hai baixas é a oportunidade para que outros xogadores se amosen", comentou o técnico de Betanzos na conferencia de prensa previa ao partido. Gilsanz é consciente do nivel que ten un Almería que tivo un inicio dubitativo pero que agora xa está escalando posicións na clasificación.
"Manteñen moitos efectivos da Primeira División, son un dos equipos que máis ocasións xera pero nós tamén estamos nesa lista" recoñece o adestrador de Betanzos. Gilsanz prefire centrarse no Deportivo e non pensar tanto no seu rival.