O Rácing precisa mudar a faciana goleadora en Éibar
O Rácing precisa mudar a faciana goleadora en Éibar
Este sábado (14:00) visitan o campo de Ipurúa
O equipo departamental é o menos goleador da Segunda. con só 9 goles
O Rácing de Ferrol visita o campo do Éibar cunha idea clara, a de mellorar os números ofensivos que o sitúan como o equipo menos goleador de toda a Segunda División. Só marcou o cadro de Cristóbal nove goles nos trece partidos que diputou. "Temos un problema evidente no aspecto ofensivo" recoñeceu o adestrador "pero non é só dos dianteiros, ten que implicarse todo o equipo".
O Éibar tamén chega nun momento complicado despois de sumar tres derrotas nos tres últimos partidos. "Temos que saír cunha boa actitude ao partido", comentou Cristóbal. "O outro día contra o Rácing de Santander non entramos ben na primeira metade e cando reaccionamos xa era demasiado tarde".
O equipo ten as baixas de Perea, Correa, Vallejo ás que hai que engadir as de Gelardo e Bebé, coa súa selección. Poderá estar o central Naldo aínda que terá que xogar cunha máscara pola rotura no nariz.