A esquerda sae á rua en París para pedir políticas sociais contra a inflación
A esquerda sae á rua en París para pedir políticas sociais contra a inflación
Moitas críticas a Macron, que xa lida coa folga de refinerías e o desabastecemento de carburantes
A protesta é o preludio dunha mobilización nacional convocada polos sindicatos de esquerda para o martes vindeiro
Milleiros de persoas nas rúas de París protestaron esta tarde contra o aumento dos prezos e a inacción en materia climática.
Os organizadores falan de 140.000 participantes, que clamaron contra as políticas de Macron. A Francia Insubmisa, a principal forza de esquerdas, acaparou boa parte dos focos. O seu líder, Mélenchon, estivo acompañado pola recente premio Nobel de Literatura, Annie Ernaux.
Os manifestantes pediron máis medidas contra a inflación, aumentos salariais, impostos máis severos contra as grandes fortunas e que a idade de xubilación non aumente e quede nos 60 anos.