Cargando resultados...
A Fed. Galega de Atletismo reúne os mellores da historia polos seus 100 anos
Houbo un recoñecemento para a CRTVG
G24.gal
18/12/2021 13:35
Apuntamento de atletismo. A Federación Galega conmemora o seu centenario, e fíxoo cunha gala de premios en Lalín.
Alí recibiron o seu recoñecemento os mellores da temporada, como os olímpicos Adrián Ben e Belén Toimil, pero tamén atletas históricos, como Andrés Díaz ou Xulia Vaquero, por destacar algúns, tamén clubs e medios de comunicación.
Entre eles, recibiu un galardón esta casa, a Compañía de Radio Televisión de Galicia. Recolleuno o noso compañeiro da Radio Galega, Xoán Galán.