Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Fiscalía do Perú amplía a investigación contra a presidenta Dina Boluarte

A Fiscalía do Perú amplía a investigación contra a presidenta Dina Boluarte

O Ministerio Fiscal inclúe nas pescudas por presunto enriquecemento ilícito a posesión de xoias valiosas e depósitos bancarios de orixe descoñecida 

A presidenta do Perú, Diana Boluarte (Reuters) A presidenta do Perú, Diana Boluarte (Reuters)
G24.gal 03/04/2024 08:49

O fiscal xeral do Perú amplía as pescudas por presunto enriquecemento ilícito contra a presidenta Dina Boluarte. Aos tres reloxos Rolex non declarados súmase agora unha pulseira de luxo valorada en 52.000 euros e un incremento patrimonial de 111.000 euros "no prazo de dous anos". 

A ampliación desta investigación, que ten carácter preliminar, foi revelada este martes polo fiscal xeral peruano Juan Carlos Villena ante a Comisión de Fiscalización do Congreso do seu país.

Aínda que sinalou que as pescudas que se abriron o pasado 18 de marzo son reservadas, Villena indicou que existen outras xoias cun valor que superaría os 500.000 dólares e "depósitos de orixe descoñecida" por máis de 1,1 millóns de soles (arredor de 250.000 euros) en contas bancarias da gobernante.

Sobre estes depósitos, Boluarte sinalou nos últimos días que ese diñeiro pertence ao Club Departamental Apurímac (unha asociación de migrantes desa rexión en Lima), que presidiu ata antes de integrar, en 2021, o goberno de Pedro Castillo.

Villena remarcou que esta investigación preliminar por un presunto enriquecemento ilícito "é bastante complexa", xa que inclúe numerosos funcionarios, ademais de pericias especializadas, polo que mantén o seu carácter reservado.

O fiscal xeral tamén explicou que o operativo policial efectuado o pasado venres na vivenda da presidenta e no Palacio de Goberno fíxose "por orde do Xulgado Supremo de Investigación Preparatoria da Corte Suprema" e que no operativo "non se situou nin se produciu a entrega dos reloxos Rolex pola presidenta da República, a pesar de que se lle requiriu", pero si que se obtiveron outros elementos de interese para a investigación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade