Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan tres persoas por contratar xornaleiros en situación irregular en Lugo

Investigan tres persoas por contratar xornaleiros en situación irregular en Lugo

Os responsables da explotación agrícola están acusados de delitos contra os traballadores

A alerta saltou ante a chegada de numerosas persoas a un hotel de Ordes que carecía de licenza de hostalería

0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
00:00
 
Explotación agrícola ao oeste de Lugo (Garda Civil)
G24.gal 28/01/2025 10:07 Última actualización 28/01/2025 11:01

O Equipo de Delitos contras as Persoas da Unidade Orgánica de Policía Judicial(UOPJ) da Comandancia da Coruña xunto coa Inspección de Traballo e Seguridade Social (ITSS) de Lugo investigan tres persoas como presuntas responsables dun delito contra os dereitos dos traballadores. Mentres realizaban unha inspección nunha explotación agrícola ao oeste de Lugo, detectaron 82 inmigrantes en situación irregular.

A Garda civil  tivo coñecemento da presencia dun centenar de persoas de orixe africano que se encontraban aloxadas nun antigo hotel da localidade de Ordes, cando este non tiña licencia de hostalería. A operación iniciouse cando un residente do inmoble alertou da inesperada chegada de numerosas persoas ao lugar, as cales encontrábanse desorientadas.

A Garda Civil descubriu que estas persoas viaxaran dende o sur de España, maioritariamente dende Granada, coa promesa de traballar nunha explotación agrícola en Lugo. Unha vez alí, serían distribuídos en inmobles de distintas localidades onde pagarían un importe diario polo aloxamento e polo transporte diario ata a leira.  

Un operativo conxunto

A localización da explotación levou á planificación dun operativo conxunto entre a ITSS de Lugo, a UOPX da Coruña e efectivos da Comandancia da Garda Civil de Lugo, debido á grande extensión da explotación, unha das maiores da provincia. Durante a inspección atopáronse 92 traballadores, dos cales 82 eran cidadáns estranxeiros en situación irregular, carecendo de permiso de residencia e traballo.

A investigación permitiu identificar unha trama empresarial que facilitaba a contratación irregular dos xornaleiros. As empresas responsables da explotación subcontrataban a través dunha empresa de traballo temporal (ETT) con domicilio en Sevilla. Esta empresa daba de alta ficticia a un número reducido de traballadores en situación regular, mentres empregaba sen contrato ao resto dos xornaleiros. Como resultado da operación, procedeuse á investigación de tres persoas responsables de varias empresas implicadas nestes feitos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade