A Garda Civil vixía a fronteira con Portugal por se os cinco presos fuxidos dun cárcere de Lisboa intentan pasar a España

A busca dos fuxitivos continúa sen éxito
Investíganse erros de seguridade na prisión
Teñen entre 33 e 61 anos e están considerados presos extremadamente perigosos. Non se sabe nada deles desde que o pasado sábado escaparon do cárcere de Vale de Judeus, uns 70 quilómetros ao norte de Lisboa.
Non se descarta que fuxisen de Portugal en barco, pero tampouco que intenten pasar a fronteira cara a España.
As autoridades lusas pediron a colaboración da Garda Civil para vixiar os postos fronteirizos.
"Non notei nada, sempre que reforzan a seguridade cortan a ponte ou vense máis coches de policía, pero desta vez non se ve nada", di unha muller no posto fronteirizo de Tui-Valença do Miño.
Nas últimas horas, un particular afirmou que vira dous dos fuxitivos en Coímbra, pero resultou ser unha pista falsa.
Con todo, Portugal segue en alerta, os primeiros datos da investigación apuntan a fallos na seguridade do cárcere.
Os cinco fuxitivos estaban no mesmo módulo, tiñan teléfonos, e Internet, cos que puideron planificar a escapada, e un coche esperábaos fóra.
O sistema de electrificación do valado do cárcere estaba desconectado. E a dirección non deu aviso da fuxida ata unha hora despois de producirse.