Publicador de contidos
Publicador de contidos

España resístese a subir a risco medio de incidencia

CORONAVIRUS

España resístese a subir a risco medio de incidencia

As Canarias soben ao nivel medio

G24.gal 29/10/2021 17:54

O Ministerio de Sanidade rexistrou este venres 2.261 novos casos de coronavirus, dos que 1.330 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, fronte aos 1.241 rexistrados o xoves, o que eleva a 5.011.148 a cifra total de persoas contaxiadas de Covid-19 desde o inicio da pandemia.  

Respecto da incidencia media de contaxios en España nos últimos 14 días, o informe mostra que se mantén estable, situándose nos 49,86 casos por cada 100.000 habitantes, en comparación cos 49,62 notificados o xoves polo departamento dirixido por Carolina Darias.  

En canto aos falecidos por Covid-19, notificáronse 46. Na última semana rexistráronse 64. Isto fai que a cifra global de decesos por coronavirus en España se eleve ás 87.368 persoas.  

Actualmente hai 1.640 pacientes ingresados por Covid-19 en toda España e 411 nunha UCI, aínda que nas últimas 24 horas producíronse 171 ingresos e 180 altas. A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 1,33 por cento e nas UCI no 4,48 por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade