Publicador de contidos
Publicador de contidos

Trump non desbota o uso da forza militar para recuperar o canal de Panamá e tomar Groenlandia

Trump non desbota o uso da forza militar para recuperar o canal de Panamá e tomar Groenlandia

O fillo maior do presidente, Donald Trump Jr., chegou a Groenlandia, no medio de especulacións sobre a posibilidade de que a administración dos EUA tente adquirir a illa

G24.gal 07/01/2025 21:04

O presidente dos Estados Unidos Donald Trump non desbota recorrer ao uso da forza militar para recuperar o control do canal de Panamá e volveu acusar o país centroamericano de impoñer tarifas de paso excesivas aos barcos estadounidenses que utilizan esta vía estratéxica entre o Atlántico e o Pacífico.

Nunha conferencia de prensa na súa residencia de Florida, os xornalistas preguntáronlle a Trump se descartaba o uso de "coerción militar ou económica" para lograr o seu obxectivo de recuperar o control do canal de Panamá e da illa de Groenlandia (Dinamarca).

O presidente electo respondeu: "Non, non podo asegurarlles que descartarei ningunha desas dúas opcións, pero podo dicir que os necesitamos para a nosa seguridade económica", afirmou Trump.

O fillo maior do presidente electo, Donald Trump Jr., chegou este martes a Groenlandia, no medio de crecentes especulacións sobre a posibilidade de que a futura administración estadounidense tente adquirir a illa, un territorio autónomo baixo administración danesa e onde os Estados Unidos teñen unha base militar estratéxica para a influencia no Polo norte.

Sobre o canal de Panamá, durante a conferencia de prensa, Trump argumentou que A China "basicamente está a tomar o control" e advertiu sobre a crecente influencia do xigante asiático nesta infraestrutura clave para o comercio internacional.

"O canal de Panamá foi construído para o noso exército", afirmou Trump, quen criticou novamente a decisión do falecido expresidente Jimmy Carter (1977–1981) de transferir o seu control ao país centroamericanos durante o seu mandato.

"O canal de Panamá é vital para o noso país. Está a ser operado pola China. Entregámosllo a Panamá, non á China, e abusaron dese agasallo. Nunca debeu tomarse esa decisión", declarou.

Durante a súa presidencia, Carter negociou os tratados que permitiron a transferencia da canle a Panamá, un proceso que se completou en 1999. Trump cualificou esta decisión como un "grande erro" e afirmou que foi unha das razóns polas que Carter perdeu a reelección nos comicios de 1980, nun contexto marcado pola crise dos reféns estadounidenses na embaixada dos EUA en Teherán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade