Cargando resultados...
Edmundo González, o líder opositor de Venezuela, denuncia o secuestro do seu xenro
Edmundo González, o líder opositor de Venezuela, denuncia o secuestro do seu xenro
O incidente prodúcese tres días antes da toma de posesión do novo presidente
G24.gal
07/01/2025 20:59
O líder opositor de Venezuela, Edmundo González, denuncia o secuestro do seu xenro. Segundo o seu relato, o seu familiar foi abordado por homes encapuchados cando levaba os fillos á escola en Caracas.
O incidente prodúcese tres días antes da toma de posesión do novo presidente. González, que leva catro meses fóra do país, sostén que é o gañador das eleccións e asegura que volverá ese día a Venezuela para asumir o cargo.
O goberno de Nicolás Maduro xa advertiu que o deterá se cruza a fronteira.