Publicador de contidos
Publicador de contidos

A industria armamentística tamén importa, por Venancio Salcines

OPINIÓN

A industria armamentística tamén importa, por Venancio Salcines

G24.gal 03/06/2024 08:03

Hai dous meses a Unión Europea presentou a súa nova estratexia de defensa, que prevé compras conxuntas de armamento e equipos. A idea é que antes do 2030 o 40 % dos equipos de defensa se merquen de forma colaborativa e o 50 % a industrias que pertenzan á Unión Europea.

Esta medida enmárcase dentro do novo marco estratéxico, que intenta darlle a Europa un maior nivel de independencia do exterior. A idea central é que o que se poida facer aquí, que se faga. O futuro económico de Europa non pode estar en mans de nacións alleas aos nosos intereses xeoestratéxicos. A guerra de Ucraína mostrou as nosas dependencias neste campo, é dicir, mostrou as nosas debilidades. O oitenta por cento das compras de armamento para Ucraína realizáronse fóra da Unión, e practicamente o 70 % estiveron vencelladas aos Estados Unidos.

É evidente que a Europa post covid é unha Europa que sente que se ten que reinventar, e facelo sobre varios eixes fundamentais: a loita contra a pegada de carbono, a independencia enerxética e o deseño de novas cadeas de subministración. Dentro disto último, enmárcase a nova estratexia de defensa, e dado que esta aposta tan decidida non existía ata este momento, tamén podemos falar do nacemento dunha nova industria europea do armamento. Neste eido, o líder por innovación e esforzo económico era Francia, que aproveitaba o seu peso económico e a renuncia de Alemaña a xogar un papel preponderante neste campo. Pero todo está a mudar; Berlín, vista a experiencia de Ucraína, xa manifesta a súa intención de ser un xogador internacional e posiblemente non será a ultima nación en mudar a súa estratexia. Polo tanto, estamos nun momento de cambios, en que moitas nacións están marcando as súas novas decisións estratéxicas e aquí o lóxico é que nós fagamos o mesmo, busquemos xogar un papel nun sector que vai multiplicar o seu tamaño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade