Cargando resultados...
A lei de amnistía votarase no Senado o 14 de maio, dous días despois das eleccións en Cataluña
A lei de amnistía votarase no Senado o 14 de maio, dous días despois das eleccións en Cataluña
O veto do PP devolverá a norma ao Congreso, onde se aprobará definitivamente
A lei podería estar vixente a próxima semana
G24.gal
06/05/2024 20:54
Última actualización 06/05/2024 20:59
O Senado vai votar a lei de amnistía nun pleno o próximo 14 de maio, dous días despois das eleccións en Cataluña.
Así o decidiu esta tarde o relatorio da comisión que está tramitando a lei. O Partido Popular, con maioría absoluta na cámara alta, votará en contra, polo que a norma terá que volver ao Congreso para ser aprobada definitivamente.
A expensas das resolucións dos recursos que hai presentados contra a lei, a amnistía podería estar en vigor a próxima semana.