Publicador de contidos
Publicador de contidos

A líder da ultradereita italiana publica sen o consentimento da vítima o vídeo dunha violación

A líder da ultradereita italiana publica sen o consentimento da vítima o vídeo dunha violación

A agredida expresou o seu malestar porque asegura que foi recoñecida

Meloni é acusada de publicar as imaxes con fins partidistas

Giorgia Meloni, líder do partido de ultradereita Irmáns de Italia Giorgia Meloni, líder do partido de ultradereita Irmáns de Italia
G24.gal 23/08/2022 18:45

A líder do partido ultradereitista Irmáns de Italia, Giorgia Meloni, publicou un vídeo en que aparecía unha muller que estaba sendo violada na rúa. 

A difusión destas imaxes foi amplamente criticada por parte dos partidos de esquerda e os movementos feministas porque se publicou sen o consentimento da vítima. Ademais, foi acusada de usalas con fins partidistas, ante as eleccións xerais do próximo 25 de setembro.

A mensaxe que acompañaba o vídeo manifestaba a intención de aumentar a seguridade nas rúas e un enfoque máis ríxido da inmigración, debido a que o atacante é un solicitante de asilo de Guinea e a muller agredida é ucraína.

A publicación deste vídeo fixo que a fiscal de Piacenza, Grazia Pradella, abrise unha investigación porque se trata "dun feito que en abstracto pode atribuírse a hipóteses delituosas".

Tamén abriu unha investigación o Garante de Privacidade para determinar "calquera responsabilidade dos suxeitos que por diversos motivos e con diferentes finalidades procedan á divulgación".

Algúns medios italianos publican hoxe as palabras da vítima que expresan o seu malestar porque asegura que "foi recoñecida".

Reaccións políticas

Ante esta publicación, o secretario xeral do progresista Partido Demócrata, Enrico Letta, afirmou:

"É indecente usar imaxes dunha violación. É aínda máis indecente facelo con fin electorais. O respecto polas persoas é o primeiro".

Meloni defendeuse subindo un vídeo de xustificación ás súas redes sociais no que culpa á esquerda: "escoitade o que se lles ocorreu nesta ocasión".

As redes sociais eliminaron o vídeo

Twitter eliminou o vídeo por violación das regras da rede social. Tamén desapareceu de Facebook e Instagram, ambas pertencentes á compañía Meta, por unha incumprir as regras sobre explotación sexual de adultos.

As mesmas imaxes foran compartidas polo líder da Liga, Matteo Salvini.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade