A loita pola permanencia continúa para Breogán e Obradoiro
A loita pola permanencia continúa para Breogán e Obradoiro
Os de Mrsic reciben un Bilbao coa moral polas nubes
O equipo de Moncho tamén xoga na casa, aínda que rival é o Barça, un dos 'cocos' da liga
Chega o momento do Pazo. A loita pola permanencia, máis pechada ca nunca, obriga o Breogán a sumar diante dos seus. Hoxe visita o coliseo lucense o Bilbao Basket e o obxectivo é mellorar as cifras na casa
E ese inferno verá por primeira vez ao seu novo diaño, o base Justin Robinson. Diante estará un Bilbao que vén de derrotar o Baskonia cun triplazo apoteótico de Kullamae. Na primeira volta, o Breogán asaltara Miribilla.
Mrsic quere un Pazo como estivo o Sar hai unha semana. Foi importante para que o Obradoiro levara o derbi e puxera fin a unha xeira terrorífica. Repetirá na casa, fronte a un Barcelona capaz do mellor e tamén do peor. No Palau a vitoria fórase por ben pouco O Barcelona semella máis conectado á Euroliga. Diso podería tirar proveito o Obradoiro para sorprender.