Publicador de contidos
Publicador de contidos

A nova estación intermodal de Lugo será unha realidade no 2025

A nova estación intermodal de Lugo será unha realidade no 2025

Goberno central, Xunta e Concello asinaron esta mañá o convenio

G24.gal 17/03/2023 14:16

Asinado esta mañá o convenio para construír a estación intermodal de Lugo, despois de anos de debates e desencontros entre as administracións para a execución do proxecto. Cun presuposto próximo aos 50 millóns, se todo vai segundo o previsto, as obras poderían comezar o ano que vén e estar en servizo no 2025.

A fisonomía do barrio da estación cambiará cando a nova intermodal sexa unha realidade. O convenio asinado entre Ministerio de Transportes, ADIF, Xunta e Concello suporá unha profunda transformación da paisaxe urbana. Un proxecto que sufriu numerosos atrasos. 

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, di que, aínda que tardou en chegar, o proxecto é hoxe xa unha realidade con Lugo mirando cara ao futuro e a importancia que ten para asegurar a chegada da alta velocidade á cidade e á provincia.

Haberá un edificio moderno, funcional e cómodo para os viaxeiros, pero, de momento, con escasas conexións ferroviarias. A conselleira de Infraestruturas di que para sacarlle rendemento a unha infraestrutura coma esta e que cumpra o fin para o que foi deseñada,  agora o Goberno ten que ofrecer servizos ferroviarios de alta velocidade. 

O secretario de Estado e a presidenta do ADIF afirman que, paralelamente, xa se traballa na electrificación da liña Ourense-Lugo e que o servizo ferroviario mellorará, sen concretar aínda que trens e que frecuencias haberá.  

O secretario de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, David Lucas, di que cando os trens Avril estean en disposición tomarán e anuncirán as decisións que correspondan pero afirma que o que é completamente seguro e que se está a traballar na mellora da velocidade e das frecuencias.

Cun presuposto próximo aos 50 millóns de euros, cofinanciado por Goberno central, Xunta e Concello,  está previsto que as obras comecen a principios do próximo ano e que a terminal estea en servizo no verán do 2025.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade