Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Feira do 48 en Lugo ambienta a cidade

A Feira do 48 en Lugo ambienta a cidade

A cidade recrea esta fin de semana as feiras de hai oito décadas
 

G24.gal 07/09/2024 14:25

O obxectivo é que luguesas e lugueses participen e se involucren na recreación dunha feira das de antes. O ano de referencia é o 1948 porque foi cando se creou a asociación Cántigas e Frores, unha organización estrutural na cultura e na sociedade lucense que se encargou de preparar esta feira.

O pregón deste ano estivo a cargo de Emilio Españadero.

Ademais do folclore autóctono, nesta feira enxálzanse a gastronomía e os oficios tradicionais. Tamén o compañeirismo entre os músicos que forman parte de Cántigas e Frores.

Durante toda a fin de semana sucédense os concertos e ruadas. Tamén o baile, con obradoiros para iniciar os máis pequenos, unha remuda xeracional que é un dos motivos esenciais que manteñen viva, e con moita forza, a asociación Cántigas e Frores, que este ano celebra o 78 aniversario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar