A nova presidenta de México critica "a invasión española" na súa toma de posesión
A nova presidenta de México critica "a invasión española" na súa toma de posesión
Claudia Sheinbaum é a primeira muller en ocupar a presidencia do país en 200 anos de historia
Estivo arroupada por líderes de todo o mundo, pero non houbo representación oficial do Goberno de España
Por primeira vez na súa historia, México ten unha presidenta. Claudia Sheinbaum substitúe a Andrés Manuel López Obrador, do seu mesmo partido, e inicia o mandato para os próximos seis anos.
Tomou posesión arroupada por líderes de todo o mundo, pero sen representación oficial de España na cerimonia. O Goberno non participou ao non estar invitado o rei Filipe VI por non pedir perdón polos agravios cometidos durante a conquista, tal e como o goberno de México reclama desde hai cinco anos.
Si que asistiron deputados de Sumar, de Podemos, de Bildu e do Bloque Nacionalista Galego, respresentado pola voceira nacional Ana Pontón e pola eurodeputada Ana Miranda.
Sheinbaum tivo palabras de agradecemento para eles e referiuse a España no seu primeiro discurso como presidenta. Afirmou que a grandeza de México reside nas civilizacións que vivían no país séculos antes, dixo literalmente, de que o invadisen os españois.
En materia económica, a nova presidenta anunciou que manterá a autonomía do Bando de México e que promoverá o investimento público e privado.
"Dígoo con toda claridade, teñan a certeza de que os investimentos de accionistas nacionais e estranxeiros estarán seguras en México", dixo.