Publicador de contidos
Publicador de contidos

A OEA rexeita a reelección de Daniel Ortega

A OEA rexeita a reelección de Daniel Ortega

Considera que os comicios non foron libres nin transparentes

G24.gal 13/11/2021 01:33

A Organización de Estados Americanos descualifica as eleccións do pasado domingo en Nicaragua nas que se impuxo o Presidente Daniel Ortega. A OEA advirte que "non foron libres, xustas nin transparentes" e que polo tanto "carecen de lexitimidade democrática". Con 25 votos a favor, un en contra e 7 abstencións, a Asemblea Xeral do organismo inter americano aprobou unha resolución promovida por Canadá, EUA e Chile sobre a situación en Nicaragua.

A resolución critica o caso omiso que o Goberno de Ortega fixo das iniciativas diplomáticas e técnicas emprendidas dende xuño de 2018 pola OEA para promover a democracia representativa e a protección dos dereitos humanos en Nicaragua. O texto conclúe que o Goberno nicaraguano socavou gravemente as institucións democráticas no país.

O líder sandinista era reelixido o pasado domingo para o seu quinto mandato de cinco anos, e cuarto consecutivo, nuns comicios que non recoñece a meirande parte da comunidade internacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos