Cargando resultados...
Nicaragua libera máis de 200 presos políticos
Nicaragua libera máis de 200 presos políticos
Os liberados polo réxime de Daniel Ortega foron desterrados aos Estados Unidos
G24.gal
09/02/2023 21:11
Última actualización 09/02/2023 21:18
En Nicaragua, o réxime de Daniel Ortega libera máis de 200 presos políticos e expúlsaos aos Estados Unidos.
Entre os desterrados está a filla da expresidenta Barrios de Chamorro, que foi detida cando ía competir contra Ortega intentando repetir a fazaña da súa nai, que en 1990 lle gañara as eleccións ao líder sandinista.
Washington facilitou o trasporte seguro dos expulsados, que xa están nos Estados Unidos. O secretario de Estado norteamericano dixo que esta liberación "abre a porta ao diálogo" con Managua.