Publicador de contidos
Publicador de contidos

A oposición venezolana convoca novas mobilizacións este sábado

A oposición venezolana convoca novas mobilizacións este sábado

Polo menos 11 mortos, 141 feridos e máis de 1.200 detidos en Venezuela

Os familiares dos detidos en Caracas agardan a liberación dos seus parentes
G24.gal 03/08/2024 13:53 Última actualización 03/08/2024 14:04

Os familiares dos máis de 1.200 detidos durante as protestas opositoras agardan a liberación dos seus parentes nos exteriores dos centros de detención habilitados en Caracas.

Militares ou policías

Durante as protestas convocadas pola oposición esta semana,  esixindo que o goberno chavista recoñeza a súa derrota nas presidenciais do pasado domingo, tamén houbo polo menos doce mortos, aínda que algunhas fontes falan de 16, e 141 feridos.

O Goberno asegura que algúns dos mortos e a maior parte dos feridos son militares ou policías.

Novas manifestacións

A líder da oposición, María Corina Machado, convocou novas protestas este sábado as dez da mañá en Venezuela, catro da tarde en Galicia.

Mentres, as autoridades electorais ratificaron este venres os resultados, outorgándolle a vitoria ao chavista Nicolás Maduro, quen ameazou con medidas legais contra os dirixentes opositores.

Fronte diplomática

A batalla política segue tamén no exterior, con gobernos coma o norteamericano, que xa recoñeceron a Edmundo González coma novo presidente de Venezuela, ou os dos países latinoamericanos en mans da esquerda que piden a publicación das actas electorais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade