Cargando resultados...
A orquestra xuvenil e infantil Kv2211 ofrece un concerto de Nadal en Vigo dedicado a Aldeas Infantís
A orquestra xuvenil e infantil Kv2211 ofrece un concerto de Nadal en Vigo dedicado a Aldeas Infantís
G24.gal
18/12/2022 14:13
Última actualización 18/12/2022 15:16
E dentro da grande axenda viguesa para estas festas, a orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo deu esta mañá un concerto especial de Nadal.
Baixo a dirección de Xosé Manuel Fernández, interpretaron para o público do auditorio do Concello obras de Haendel, Mozart ou Strauss ademáis dunha selección de panxoliñas tradicionais.
Actuou tamén o Coro formado por familiares e amigos dos membros das agrupacións infantil e xuvenil da Orquestra. O concerto estivo dedicado a Aldeas Infantís.