A OTAN fai 75 anos incorporando novos membros
A OTAN fai 75 anos incorporando novos membros
A Alianza Atlántica celebrou o aniversario coas recentes incorporacións de Finlandia e Suecia, dous estados tradicionalmente neutrais
A OTAN fai setenta e cinco anos e faino coa incorporación recente de novos membros ante o seu desafío máis importante dende a fin da Guerra Fría, apoiar a Ucraína contra a invasión rusa. Neste aniversario, os líderes da Alianza Atlántica afirman que está máis forte que nunca.
De doce aliados ao comezo da Guerra Fría a ser a maior alianza militar do planeta con 32 membros e, segundo o seu secretario xeral Jens Stoltenberg, máis grande, forte e unida ca nunca.
No seu 75 aniversario, a OTAN ten na guerra aberta por Moscova en Ucraína o seu maior desafío dende a Guerra Fría. Pero por agora, os ministros de Exteriores non acordaron crear un fondo dentro da OTAN con 100.000 millóns de euros para axudar durante cinco anos a Kíiv.
"Compromiso de todos os aliados cunha Ucraína libre, democrática e cuxa soberanía e integridade territorial estea respectada. Creo que a cifra proposta polo secretario xeral amosa ese compromiso e ese desexo de que calquera axuda que se lle poida dar a Ucraína sexa predicible e sostida no tempo", di José Manuel Albares, ministro de Asuntos Exteriores.