Cargando resultados...
A OTAN intervén nas protestas da minoría serbia contra alcaldes albaneses en Kosovo
A OTAN intervén nas protestas da minoría serbia contra alcaldes albaneses en Kosovo
Houbo 75 feridos nas protestas, entre eles soldados italianos e húngaros
Uxen a Kosovo e Serbia a rebaixar a tensión no norte de Kosovo
G24.gal
30/05/2023 09:52
A OTAN interveu para conter as violentas protestas dos serbios do norte de Kosovo, que se negan a aceptar os alcaldes de catro concellos en que son minoría, e que son da maioría albanesa.
Houbo cando menos 75 feridos nestes enfrontamentos, entre eles hai soldados húngaros e italianos. A Alianza Atlántica urxe a Kosovo e Serbia a que traballen para rebaixar a tensión nesta zona.