A ourensá Raquel Carrera imparte clases maxistrais no seu campus
A ourensá Raquel Carrera imparte clases maxistrais no seu campus
MVP da Liga con Valencia, fundamental para a prata do Europeo coa salección, Carrera está a pasar uns días na súa cidade natal
É unha das mellores xogadoras do momento. Raquel Carrera, a pivote ourensá de 21 anos anda pola casa logo dunha gran temporada, que finalizou hai dez días coa medalla de prata no Europeo de baloncesto. Un premio agridoce.
Antes quedara campioa de liga co Valencia, sendo a mvp da final. Esta temporada visitará as tres canchas galegas: o Ensino e os ascendidos Ferrol e Celta, onde deu o salto de calidade.
Na selección coincidiu con Paula Ginzo, flamante fichaxe do Barcelona, tamén de Ourense e tamén pivote, catro anos máis vella.
Raquel Carrera comparte estes días coa cativada a súa paixón polo baloncesto, mentres medra a súa figura, metro noventa de talento puro.