Raquel Carrera abandona a concentración da selección por unha lesión muscular

Non xogará os dous próximos partidos da primeira xanela de clasificación para o Eurobasket de 2025

G24.gal 08/11/2023 12:51 Última actualización 08/11/2023 12:58

A ourensá Raquel Carrera abandonou este mércores a concentración da selección española tras sufrir unha lesión muscular na coxa esquerda, que lle impedirá disputar os dous próximos partidos da primeira xanela de clasificación para o Eurobasket de 2025, segundo informou a Federación Española de Baloncesto (FEB) nun comunicado.

A xogadora ourensá someteuse ás probas pertinentes que determinaron que padece unha lesión muscular, producida no adestramento deste martes, polo que "por prevención decidiuse que a xogadora da non viaxe co resto do equipo" a Croacia, para xogar este xoves ante a selección local.

A xogadora galega, de 22 anos, "seguirá a recuperación co seu club", co que disputou un total de oito encontros entre Liga e Euroliga Feminina, promediando 8,4 puntos e 4,4 asistencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade