Publicador de contidos
Publicador de contidos

A patronal eólica di que o recurso do TSXG a Europa pon en risco o futuro industrial

A patronal eólica di que o recurso do TSXG a Europa pon en risco o futuro industrial

A Xunta de Galicia busca novas vías para sacar adiante os parques aprobados

G24.gal 07/03/2024 14:44

O enredo xudicial que ten paralizados arredor de 10.500 millóns de euros de investimento nos parques eólicos en Galicia dá un novo xiro. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pon en dúbida que en España se estea aplicando correctamente a directiva europea de tramitación ambiental. E por iso decide consultar o Tribunal de Xustiza de Luxemburgo.

"Se o Supremo dita un auto e di que a Xunta de Galicia actuou conforme a lei non entendemos porqué agora se buscan outras escusas", argumenta Ángeles Vázquez, vicepresidenta segunda da Xunta e conselleira de Medio Ambiente.

A dúbida dos xuíces galegos intenta aclarar se a Administración debe poñer á disposición do público interesado os informes sectoriais sobre os parques eólicos para formular alegacións e participar na toma de decisións sobre a autorización dos proxectos. Desde a patronal eólica advirten das consecuencias.

"Isto crea unha inseguridade xurídica terrible. Non só na eólica senón en todas as industrias que queiran instalarse en Galicia", di Manuel Pazo, Presidente da Asociación Eólica de Galicia.

O Goberno galego defende o estrito criterio que seguiron os técnicos e pon exemplos. Case a metade dos proxectos eólicos presentados tiveron unha información desfavorable.

"Están baseadas en informes técnicos rigorosos de funcionarios públicos con moita solvencia e moita experiencia. Agora hai que analizalo. Respecto absoluto ás decisións xudiciais e hai que continuar traballando na vía xudicial", asegura María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria.

O atraso de moitos dos parques eólicos previstos podería chegar ata un ano e medio á espera da resposta europea. E todo cando o propio goberno dos 27 urxe a reducir os prazos para a transición verde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos