Publicador de contidos
Publicador de contidos

A policía intensifica a busca do sacerdote vigués condenado por abusos a menores

A policía intensifica a busca do sacerdote vigués condenado por abusos a menores

O salesiano Segundo Cousido figura na lista dos dez delincuentes máis buscados de España

G24.gal 14/08/2024 10:04

A Policía Nacional intensifica a busca do sacerdote Segundo Cousido, o salesiano vigués condenado por abusos sexuais a menores e que leva case un ano e medio fuxido.

Cousido está na lista de delincuentes máis buscados de España e a policía distribuíu nas redes sociais carteis coa súa imaxe en que tamén se pide a colaboración cidadá para dar co seu paradoiro.

Está condenado a 32 anos de cadea por abusar de seis menores en 2019 durante unha peregrinación a Santiago.

Tras o proceso xudicial no que foi condenado, sentenza que posteriormente ratificou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o salesiano fuxiu aproveitando unha prórroga solicitada pola súa defensa para atrasar o seu ingreso en prisión.

Hai sospeitas de que puidera ocultarse en Portugal

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade