Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía surcoreana abre investigación contra Yoon por posible traizón

A Policía surcoreana abre investigación contra Yoon por posible traizón

A investigación foi asignada ao equipo de investigación de Seguridade baixo a Oficina Nacional de Investigación da Axencia Nacional de Policía, despois de que se presentaran dúas denuncias, segundo detallou un oficial do corpo en declaracións á axencia local Yonhap

G24.gal 05/12/2024 08:19 Última actualización 05/12/2024 11:20

A Policía surcoreana abriu este xoves unha investigación ao presidente do país, Yoon Suk-yeol, polas acusacións de que cometeu traizón ao declarar o martes a lei marcial, que logo foi revogada.

A investigación foi asignada ao equipo de investigación de Seguridade baixo a Oficina Nacional de Investigación da Axencia Nacional de Policía, despois de que se presentasen dúas denuncias, segundo detallou un oficial do corpo en declaracións á axencia local Yonhap.

Unha das denuncias foi presentada polo partido opositor minoritario Rebuilding Korea Party, mentres que a outra o foi por un grupo de 59 activistas.

As denuncias acusan non só a Yoon, senón tamén o exministro de Defensa Kim Yong-hyun; o xefe do Estado Maior do Exército, xeral Park An-su, e o ministro do Interior, Le Sang-min, de traizón e outros cargos polo seu papel na declaración e posterior levantamento da lei marcial.

O exministro de Defensa Kim Yong-hyun, cuxa dimisión se fixo efectiva este xoves, ordenou ás tropas infiltrarse na Asemblea Nacional e bloquear aos lexisladores para que non entrasen no recinto tras decretarse o martes a lei marcial, explicou hoxe o viceministro de Defensa, Kim Seon-ho.

A mobilización cidadá para reclamar a dimisión de Yoon tamén continuou este xoves en Corea do Sur, con marchas previstas no país e con algúns traballadores uníndose á chamada á folga xeral indefinida realizada na véspera pola principal confederación sindical do país ata que o mandatario abandone o seu cargo.

Moción de censura

O futuro do seu presidente depende da moción de censura que presentou a oposición e que previsiblemente se votará este vindeiro sábado. Apóiana 191 dos 300 deputados da Asemblea Nacional.

Ata a súa propia formación política, o Partido do Poder Popular, lle pediu a Yoon Suk-yeol que abandone o cargo, despois de intentar impoñer por sorpresa a lei marcial no país. Así que é probable que, co apoio dalgúns deputados do partido gobernante, a moción prospere. O presidente xa aceptou a dimisión do ministro de Defensa, que foi quen ordenou aos militares irromper no Parlamento.

Para que a iniciativa parlamentaria saia adiante é preciso o apoio de dous terzos da cámara, o que significa que o bloque opositor (que conta con clara maioría parlamentaria con 192 escanos) necesitará contar con oito votos adicionais que sairían dos 108 cos que conta o gobernante Partido do Poder Popular (PPP) de Yoon.

A clave está agora en se os parlamentarios do PPP seguirán a liña marcada polo líder da formación, Han Dong-hoon, quen lles pida votar en contra da destitución de Yoon, ou se en cambio atenderán ao clamor popular contra o presidente.

A encrucillada que afronta o partido gobernante reflíctea a postura do propio Han, quen tachou a lei marcial de "inconstitucional" e chamou ao presidente para abandonar a formación política conservadora, pero ao mesmo tempo prometeu "traballar para que a moción non prospere".

En caso de que a moción salga adiante Yoon quedaría inhabilitado e a xefatura de Estado e Goberno sería asumida de maneira interina polo primeiro ministro, Han Duck-soo, á espera de que o Tribunal Constitucional determine nun prazo máximo de 180 días se o presidente vulnerou ou non a Carta Magna ao declarar a lei marcial o pasado martes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade