Publicador de contidos

Publicador de contidos

A primeira xornada deixa a Bandeira da Concha máis igualada da historia

A primeira xornada deixa a Bandeira da Concha máis igualada da historia

Os cinco primeiros da categoría masculina están en oito segundos, e as catro primeiras da feminina en catro segundos

Cabo da Cruz defenderá a sexta posición na segunda xornada

G24.gal 03/09/2023 13:44

Disputouse a primeira xornada da Bandeira da Concha que apunta a ser unha das máis igualadas de todos os tempos. Cabo da Cruz, a única representante galega, gañou o duelo directo que tivo con Getaria e defenderá a sexta posición na segunda xornada.

O triunfo na categoría masculina foi para Urdaibai, pero o triunfo final queda máis aberto ca nunca. Houbo cinco traiñeiras en menos de oito segundos e todas afrontarán con opcións a regata do vindeiro domingo. Ademais dos de Bermeo están Hondarribia, Orio, Donostiarra e Zierbena que pelexarán pola gran bandeira da temporada.

Na categoría feminina tamén vai ser unha segunda tirada de infarto con catro traiñeiras en catro segundos. Gañou contra todo prognóstico Tolosa. A 16 décimas chegou Arraun Lagunak, a favorita, e tamén manteñen todas as posibilidades Donostiarra e Orio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade