Publicador de contidos
Publicador de contidos

A princesa Leonor estréase na Pascua Militar vestida de cadete

A princesa Leonor estréase na Pascua Militar vestida de cadete

O rei Filipe VI apelou á convivencia no marco constitucional

Margarita Robles pediu un cesamento do fogo permanente en Gaza

A familia real na praza da Armería este sábado. EFE/Zipi Aragón
G24.gal 06/01/2024 12:09 Última actualización 06/01/2024 20:22

A Pascua Militar tiña no foco nesta edición á princesa Leonor, que asistía por primeira vez co uniforme de cadete.

Despois dunha salva con 21 canonazos, o rei Filipe VI pasou revista ás tropas e logo a cerimonia trasladouse ao interior do Palacio Real, onde unha vintena de militares foron condecorados.

A ministra de Defensa asegurou a continuidade do apoio a Ucraína no seu dereito á lexítima defensa e referiuse á situación en Gaza. Margarita Robles pediu un cesamento permanente do fogo na franxa.

Convivencia no marco constitucional

Despois, Filipe VI referiuse ao papel das Forzas Armadas nas misións internacionais e na preservación da "identidade histórica de España". Ademais, enxalzou o papel do estamento militar na defensa do marco de convivencia que fixa a Constitución.

O monarca rematou o seu discurso agradecendo a acollida que tivo a princesa Leonor no ámbito militar con valores como a "camaradería, a lealdade e a nobreza".

A Pascua Militar é unha tradición que instaurou Carlos III como felicitación ao Exército despois de que España recuperara a localidade de Mahón (Menorca) de mans dos ingleses o 6 de xaneiro de 1782.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade