Publicador de contidos
Publicador de contidos

A reforma da tarifa da luz no mercado regulado, por María Loureiro

A reforma da tarifa da luz no mercado regulado, por María Loureiro

A subministración da electricidade a prezos competitivos é fundamental para a economía, especialmente para as economías familiares máis vulnerables e para as microempresas

G24.gal 14/06/2023 08:18

O Consello de Ministros, á proposta do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), aprobou este martes este Real Decreto para a modificación da metodoloxía de cálculo do prezo voluntario para o pequeno consumidor (PVPC).

A reforma do PVPC foi un dos compromisos que adquiriu España cando o ano pasado se lle permitíu, xunto a Portugal, a "excepción ibérica", pola que se pon un límite ao prezo do gas para xeración de electricidade no mercado almacenista eléctrico, a fin de que os prezos non se disparasen tanto nun momento en que o prezo do gas batía máximos.

A esta tarifa eléctrica están acollidos uns nove millóns de consumidores, segundo os cálculos do Goberno, ao redor do 34 % de todos os domésticos. Ata a actualidade, o PVPC calcúlase tendo en conta os seguintes conceptos: o custo de produción de enerxía eléctrica determínanse en base ao prezo horario dos mercados diario e intradiario durante o período a que corresponda a facturación e os custos dos servizos de axuste do sistema, as peaxes de acceso e cargos que correspondan e os custos de comercialización que se determinen.

A nova tarifa regulada de electricidade chegará o 1 de xaneiro. O Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor (PVPC) incorporará parcialmente sinais de prezo a longo prazo para unha redución da volatilidade nas facturas de fogares e micropemes, que terán que certificar a súa condición a través dunha declaración responsable, cunha potencia contratada menor ou igual a 10 kW. 

A nova metodoloxía de cálculo permite indexar (polo menos parcialmente) o PVPC a sinais de prezo cun claro compoñente de longo prazo. Ao mesmo tempo, introdúcense produtos de máis curto prazo, "que permiten igualmente ás comercializadoras de referencia axustar con maior precisión o seu portafolio de enerxía ás verdadeiras necesidades de subministración", segundo detalla o documento que lanzou á información pública o MITECO.

Concretamente, para o sinal de prezo a prazo, "o produto mensual supoña un 10 % do total, o produto trimestral un 36 %, e o produto anual supoña un 54 %", recolle a proposta. O maior peso da media anual permitirá dar estabilidade ao prezo resultante e suavizar as oscilacións.

Á súa vez, a representatividade do sinal a prazo increméntase de maneira gradual ata 2025. O peso do sinal a prazo supoñerá un 25% o primeiro ano e incrementarase ata alcanzar un 55 % no ano 2025, deixando o 45 % restante para o sinal diario e intradiario. 

En resumo, os analistas coinciden en que é boa idea considerar que os prezos de electricidade miren ao medio-longo prazo e non so ao mercado intradía, onde a volatilidad é extraordinaria.

Reducir a gran variabilidade de prezos pode axudar a facer mellores previsións de aforro aos consumidores. Sen embargo, parece haber o sentimento de que as grandes reformas aínda están por chegar.

Este novo PVPC segue sendo marcado por un sistema marxinalista, onde o custo da última unidade de electricidade producida marca o prezo de mercado para todas as anteriores. Unha gran parte dos beneficios das compañías eléctricas xéranse precisamente por esta asignación de prezos, o que se espera tamén que chegue a reformarse en Europa no curto-medio prazo.

O que é obvio é que a subministración da electricidade a prezos competitivos é fundamental para a economía, especialmente para as economías familiares máis vulnerables e para as microempresas. Así que todas as reformas que teñan este propósito, benvidas son! 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos