Publicador de contidos

Publicador de contidos

A seca obriga a Ribadavia a racionar a auga da traída durante días

A seca obriga a Ribadavia a racionar a auga da traída durante días

G24.gal 26/07/2022 21:58

En Santo André de Camporredondo levan días con restricións na auga da traída. Aquí é a asociación de veciños a que se ocupa de xestionala e viuse obrigada a facer cortes para garantir a subministración.

As altas temperaturas e a falta de precipitacións deixan as fontes sen apenas auga.

Din os veciños que aqueles que teñen pozos vanse apañando no día a día, pero para os que non os teñen a situación é algo máis complicada.

Na asociación de veciños apuntan a necesidade de aforrar auga da traída e de utilizala de xeito responsable, de limitala só para uso doméstico.

O de Santo André é tan só un exemplo das moitas localidades que están a padecer restricións por mor da seca.

Noutras, como A Grova ou a propia Ribadavia, buscan solucións para non ter que aplicar cortes de auga na subministración domiciliaria, como xa acontece en localidades doutros municipios, como Vilar de Barrio ou Porqueira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos