Cargando resultados...
A Seguridade Social aboa as pensións de xaneiro coa revalorización do 2,8 %
A Seguridade Social aboa as pensións de xaneiro coa revalorización do 2,8 %
E, ademais, súmase á subida de entre o 6 e o 9 % para as pensións mínimas
G24.gal
28/01/2025 09:40
A Seguridade Social aboou este martes a nómina da pensións de xaneiro coa revalorización do 2,8 %
Que estaba prevista no decreto lei ómnibus que estivo en vigor ata o pasado mércores, cando decaeu no Congreso, co que a subida non se aplicará na nómina dos próximos meses.
En total abonáronse 10.294.786 pensións a 9,3 millóns de persoas por un importe de 13.432,4 millóns de euros, o que supón un incremento do gasto do 6,17 % respecto á nómina de xaneiro de 2023.
Á revalorización con carácter xeral do 2,8 % súmase a subida de entre o 6 e o 9 % para as pensións mínimas.