Publicador de contidos
Publicador de contidos

Richard Gere, Premio Goya Internacional 2025

Richard Gere, Premio Goya Internacional 2025

Os premios da Academia do cinema español celebraranse en Granada o 8 de febreiro

Será galardoado pola "súa extraordinaria contribución á arte cinematográfica (...) e polo compromiso social manifestado no persoal e no profesional"

Foto de arquivo (EuropaPress) Foto de arquivo (EuropaPress)
G24.gal 30/01/2025 12:38

O actor estadounidense Richard Gere recibirá o Goya Internacional na próxima edición dos premios da Academia do cinema español que se celebrará en Granada o 8 de febreiro. 

Gere, que hai uns poucos meses fixou a súa residencia en Madrid, será premiado co Goya Internacional pola súa extraordinaria contribución á arte cinematográfica, ao protagonizar algunhas das películas máis icónicas da historia do cinema, e polo compromiso social manifestado no persoal e no profesional, segundo indica a entidade organizadora dos Goya.

O galardoado estreou recentemente en España dúas películas, Oh, Canadá e Unha vida en segredo, e transcendeu que nuns días presentará no festival de Barcelona BCN Film Fest o documental sobre o Dalai Lama que produciu, de título Wisdom of Happiness.

O Goya Internacional pretende recoñecer personalidades que contribúen ao cinema como arte que une culturas e espectadores e espectadoras de todo o planeta, xa que ademais da súa contribución ao cinema, creou e dirixe unha fundación, Gere Foundation, que loita pola autonomía do Tibet e a preservación da cultura tibetana, e ademais, está implicado en organizacións que defenden os dereitos de persoas sen fogar ou de pobos indíxenas.

O de Richard Gere será o cuarto Goya Internacional que concede a Academia de Cinema español, tras os entregados a Sigourney Weaver (2024), Juliette Binoche (2023) e Cate Blanchett (2022).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade