Sánchez comprométese a revalorizar as pensións e o PP insiste en que está a favor
Sánchez comprométese a revalorizar as pensións e o PP insiste en que está a favor
Sánchez asegura que vai buscar "votos ata debaixo das pedras" para que os pensionistas teñan a súa suba
No PP din que tamén queren ese incremento das pensións, pero reiteran que o PSOE utiliza a chantaxe
Un Pedro Sánchez combativo dixo nas Canarias que as medidas do decreto-ómnibus "sairán adiante si ou si". Explicou que PP e Vox forman unha "coalición negacionista" desde hai anos que se opón agora á revalorización das pensións co seu voto e ao resto das medidas sociais. Sánchez asegurou que non baixará os brazos ante eles: "Parece mentira que non nos coñezan despois de sete anos gobernando".
"Vou buscar votos e apoios ata debaixo das pedras para revalorizar as pensións aos nosos xubilados e xubiladas. Vou buscar votos ata debaixo das pedras para que os mozos teñan transporte público gratuíto e vou buscar votos ata debaixo das pedras para que os afectados polas catástrofes da Palma e de Valencia teñan as axudas que merecen e necesitan". proclamou Pedro Sánchez entre aplausos.
No PP, a súa vicesecretaria Esther Muñoz insiste en que están a favor do incremento das pensións e das axudas para o transporte e para os damnificados da DINA, pero totalmente en contra doutras cuestións que ían no decreto-ómnibus. Cita, entre estas, a suba de impostos como o IVE da enerxía e de produtos básicos ou o regalo dun palacete ao PNV.
"Estamos vendo moitos dirixentes socialistas mentir directamente aos españois para poder xustificar esa chantaxe á que quixeron someter todos os españois. Se traes os decretos de axudas aos abono-transportes, das axudas a Valencia e das pensións por separado contarás co voto do PP. Se nos intentas chantaxear e usar de reféns os españois para poder seguir gobernando sen maioría parlamentaria, non contas co apoio do Partido Popular".