Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 32.200 persoas optan a unha praza de formación sanitaria especializada

Máis de 32.200 persoas optan a unha praza de formación sanitaria especializada

En Galicia examínanse máis de 1.800 aspirantes a unha praza na formación da sanidade pública

As probas son para acceder a unha das 11.943 prazas de formación sanitaria especializada (FSE) convocadas polo Ministerio de Sanidade. É a maior oferta da historia, un 2,9 % superior á do ano pasado

A principal novidade é a eliminación da nota de corte

G24.gal 25/01/2025 14:04 Última actualización 25/01/2025 21:30

Ás tres da tarde desde sábado comezaron en cinco facultades galegas, catro en Santiago e unha en Vigo, os exames do MIR e doutras prazas de formación sanitaria. En Galicia estaban convocadas máis de 1.800 persoas.

En todo o Estado son máis de 32.200 persoas as que concorren ás probas para acceder a unha das 11.943 prazas de formación sanitaria especializada (FSE) convocadas este ano polo Ministerio de Sanidade. Máis de 15.000 dos aspirantes optan a ocupar una das 9.007 reservadas para medicina (MIR).

As aulas abríronse ás 15:00 horas para proceder ao chamamento e identificación dos candidatos; unha hora despois desprecintáronse os paquetes cos cadernos do exame, que constan do cuestionario e unha folla de respostas, ambos os dous nominalizados.

Trátase da convocatoria con maior oferta de FSE da historia e un 2,9 % superior á do ano pasado; ademais de medicina, das que a maior parte serán para familiar e comunitaria, con 2.508, abríronse 2.171 para enfermería (EIR); 352 para farmacia (FIR) e 274 para psicoloxía (PIR); 63 para bioloxía (BIR); 51 para física e 25 para química.

Dos 33.240 solicitantes foron admitidos finalmente 32.212, deles o 74,32 % son mulleres. Por especialidades, a maioría corresponden a medicina (15.106), seguida de enfermería (10.023); psicoloxía (3.847); farmacia (1.483); bioloxía (1.154); física (322) e química (248).

A novidade principal é a eliminación da nota de corte

A novidade principal desta convocatoria é a eliminación da nota de corte e, quizá, o regreso da presencialidade na elección das prazas; Sanidade está "a correr" para que quen prefira esta vía á telemática poida decidir o seu futuro en persoa a próxima primavera.

As probas desenvólvense en 28 localidades, polo menos unha por comunidade autónoma, e en 677 mesas de exame, máis outras dúas situadas no Ministerio, grazas á colaboración de máis de 2.000 persoas que exercerán como delegados de centro, interventores e vogais nas mesas de exame ou como integrantes das sete comisións cualificadoras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade