Publicador de contidos
Publicador de contidos

A falta de médicos en verán, tema central do Consello Interterritorial de Sanidade

A falta de médicos en verán, tema central do Consello Interterritorial de Sanidade

Mónica García ofreceu colaboración, pero avisou de que non se contemplarán medidas fóra da lei

O consellerio de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, criticou ao consello interterritorial por "non abordar o problema principal"

G24.gal 14/06/2024 16:15

A falta de médicos no verán sobrevoou o Consello Interterritorial de Sanidade. Algunhas comunidades, entre elas Galicia, afean que non se concreten medidas para paliar as carencias.

A ministra Mónica García insistiu en que a xestión dos recursos humanos é competencia autonómica. Ofreceu colaboración, pero reiterou que medidas fóra da lei, como incorporar residentes de útlimo ano, non se van autorizar.

Por outra banda, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, definiu ao consello interterritorial como "excesivamente técnico", xa que estivo infestado de "programas e informes".

Para Caamaño, esto foi probablemente para "non abordar o problema principal, que é falta de sanitarios este verán".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade