Muface amplía o prazo para recibir ofertas de asistencia sanitaria ao funcionariado
Muface amplía o prazo para recibir ofertas de asistencia sanitaria ao funcionariado
Adeslas asegura que vai reconsiderar a súa "posición actual" e dará "os pasos necesarios" para continuar
A Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (Muface) comunicou este sábado que iniciou o proceso para modificar as condicións da segunda licitación do concerto de asistencia sanitaria nacional, e que "se acordará un novo prazo para a presentación de ofertas".
Deste xeito, Muface deixou sen efecto o prazo de presentación de ofertas, que concluía o 27 de xaneiro, segundo informou este sábado.
A mutua apuntou que, con independencia deste trámite, as persoas titulares e beneficiarias van continuar recibindo a mesma asistencia sanitaria que teñen coas condicións actuais.
Adelas vai reconsiderar a súa posición actual
Adeslas asegurou nun comunicado que vai reconsiderar a súa "posición actual" e dará "os pasos necesarios para dar continuidade de forma favorable" á súa presenza en Muface de se consolidaren os "avances" nas conversas que mantivo co Goberno estes días.
A compañía é unha das tres aseguradoras que ata o de agora están a ofrecer cobertura ao funcionariado en virtude dun acordo con Muface.